En canto á miña propia experiencia traballando en grupos, podo resaltar como aspectos positivos e negativos os seguintes:
Aspectos positivos:
Por unha parte, considero que o feito de traballar en grupo con outra xente ten infinidade de beneficios para o alumnado como o feito de ter que realizar unha mellor distribución dos tempos de cada quén, terse que adaptar en moitas ocacións a un rol ou función determinada dentro do grupo, ó poder aportar as propias ideas e amplialas coas dos demais compañeiros, incluso poder tratar e coñecer moito máis a compañeiros cos que nunca se tivera relación como me sucedeu a min por exemplo este ano na materia de francés.
Agora ben, quitando todos estes aspectos positivos deste xeito de traballar, podo indicar tamén que existen certos inconvintes que moitas veces se deixan pasar por alto. Entre eles podería destacar a falta de tempo xa que, se require en moitas ocasións de tempo fóra das horas lectivas e polo tanto ter que manexar as diferenzas de horarios entre todos os membros intentando adaptalos o mellor posible para todos e todas.
Outro inconvinte que puiden observar ata agora é o feito de que non todos os membros do grupo se impliquen o suficiente facendo que o volume de traballo aportado entre os membros do grupo sexa moi dispar. Ben é certo que, como a nota vai ser para todos a mesma, é a nosa tarefa o intentar que todos participen equitativamente mais, en algunha ocación isto non se cumpre con facilidade tanto en nós como xente adulta como, aínda con máis razón, nos nosos futuros alumnos e alumnas de primaria.
Cando sucede isto, moitos profesores e profesoras desenténdense disto argumentando que é un tema que temos que intentar solucionar nós mesmos como grupo que somos co cal non estou moi de acordo.
Nestes casos, considero que sería útil levar a cabo unha serie de seguimentos ou actividades para identificar aquel alumnado que se implica menos e así intentar remediar este asunto e que non se vexa afectado o resto do grupo. Un exemplo podería ser levar a cabo un seguimento do proceso do traballo, as aportacións de cada ún, dificultades atopadas…, a realización anónima dunha pequena enquisa ou comentario unha vez finalizado o traballo para ver aqueles inconvintes atopados no caso de existiren.
En resumo, considero que a realización de traballos en grupos cooperativos é moi importante no desenvolvemento de numerosas capacidades no alumnado polo que se debe levar a cabo xa desde que os nenos e nenas son moi pequenos para que se acostumen a esta forma de traballo. Isto feito sempre contando coa axuda e guía por parte do profesorado e a súa disposición para escoitalos ante calquera problema que se lles presente ofrecéndolles unha posible solución para que, pouco a pouco vain mellorando o seu desempeño dentro do grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario